Tuesday 14 de May de 2024

Máis de 320 patinadores e patinadoras participarán esta fin de semana no III Trofeo Concello de Ordes Grupos Show


As probas darán comezo ás 16 horas no pavillón Castelao I

Este próximo sábado, 1 de xullo, terá lugar o III Trofeo Concello de Ordes de Grupos Show. En total participarán 320 patinadores e patinadoras vidos das provincias da Coruña e Pontevedra pertencentes aos clubs Galia Ordes, Raiola (Ferrol), Patiart Coristanco, Conxuro de Laracha, Xiramos (Vigo), Costa da Morte (Cee), Soutomaior (Vigo), Fontiñas (Santiago), Sarela (Ames), Brincadeira (A Coruña), Axel Arteixo, Oroso e Apóstolo Santiago (Vigo).

O campionato dará comezo ás 16 horas no pavillón Castelao I e finalizará arredor das 19 horas. Nel competirán patinadores e patinadoras pertencentes ás categorías de grupos grandes, grupos pequenos e cuartetos, estando subdivididos por idades polo que haberá categorías de primaria e secundaria.

O Club Patinaxe Galia, organizador da xornada, conta coa colaboración dun amplo número de firmas comerciais de Ordes ademais da do Concello de Ordes, Deputación da Coruña, Xunta de Galicia e Deporte Galego.